Segunda entrega de un viaggio en bici.
Amanezco que ya dije. El cielo sigue ceniciento y el nordeste no deja de pegar. Deben ser las diez de la mañana en este once de agosto donde el litoral "da terra de Breogán séguese a queimar". Diríxome a cambados i enredo un pouco preto dese muiño de mareas, veciño ó poligono industrial ou quizáis so eran dúas naves de conxelados. Tamén as visitéi pensando que por alí era a saída á comarca natal de D. Ramón María de...
Tras unha hora de marcha sen pena nin gloria, arribo a Vilagarcía, e aposéntome nas táboas dun banco na terraza do último bar de Carril. Dícenme que dan almorzo, pero todo o que tiñán eran madalenas. Levaría unha hora de pedaleo e uns vinte kilómetros. Ca Bici a miña veira, engullín máis que comín os bolos.
De camiño a Rianxo, achégome aos humidáis de Catoira e ás súas Torres do Oeste, ou cando menos míroas a vista de paxaro, xa que crucéi para A Coruña, por aquela lamentable ponte. Sempre que paso por alí pregúntome quén sería o arquitecto ou enxeñeiro, ou político que plantóu ou permitíu poñer, esta mole de formigón armado ou desarmado, nesta alucinante paraxe cheia de vestixios dos nosos ancestros. Mais o certo que eu tamén a uso . E quen son para criticar a labor dos que saben máis ca min...
Continuo a pedalear: Montes queimados, que ainda votan fume de xeito ameazador, á miña dereita. Alucinantes vistas da ría de Arousa cara ao Sur. Hacia o poñente os incendios deixan paso a fincas con viñas ou con xentes que laboran. Non vexo o negro na terra pero a cor do ceo non me permite esquezer a situación que estamos a vivir. Repoño a auga das miñas alforxas nunha curiosa fonte en calquera praza de Rianxo. O chan tiña cristais e a través dos cales, vían-se uns canáis labrados na pedra. Pégome un despiste polos paseos, en madeira i en pavimento, da costa desa povoación. Despotrico contra os que fan actuacións no litoral, pero sorpréndeme positivamente, algún cacho do paseo, preto do típico chalé a pe de praia… polo menos eiquí, se nos deu acceso a todo-los mortáis, pra unha zona que antes só a disfrutaban uns poucos privilexiados.
Cando levo uns setentacinco kilómetros, paro na Pobra do Caramiñal a repoñer as miñas forzas. Serían, quizáis as tres do serán. No bar contemplo atónito, como unha moza-camareira-de-verán, saca a cesta de pan da mesa duns vascos, que decidiran non comer de menú. En lugar de entrar no bar (atopabábamonos nunha terrraza) se dirixe a outa mesa veciña. De camiño tira nun maceteiro público un dos cachos mordisqueados polo meniño dos vascos e pon a devandita cesta na mesa do lado. ¡¡Como che anda a hostelería no país!!
Xa hidratado e comido diríxome por Riveira ao lugar onde remata España por terra: Aguiño. Achégome por unha ponte de madeira a unhas rochas cun recuncho de praia. Antes de que estivera esta ponte, a pequena ila, sería o aposento dos corvos mariños e outras aves. Agora descansaban alí catro “marujas” e un pescador.
Atopábame nunha parroquia previa a Aguiño, que non lembro como se chama. Cando me dirixía ao porto fenicio de esa parte do litoral, logo de lle dicir a un, que levaba unha cheia de horas na bici e ninguén me pitara, o apresurado conductor contestóume moi acertadamente “i espero que eu non sexa o último”
Dos restos fenicios non atopéi nin res pero aproveitéi para achegarme ata Corcubión, o máis veciño á costa que me permitiron as estradas. Ademáis das dunas por esa localidade ai como outro espacio natural protexido. Un humidal ou algo eisí. Ao humidal supoño que non lle tocaría, mais no tocante a todo-los arredores, piñeiros e monte baixo, atopábase todo queimado. Desesperado, paso polas dunas sem parar, non vaia a ser o conto que tamén estivesen neghras.
Xa en Corcubión volvo a necesitar de xantar e máis de beber. Un bar con unha camareira e cheio de parroquianos, que berraban coma tolos na partida obsérvanme con curiosidade. Non sei que terá de particular entrar a pedir algo de beber cun casco de bici, mitóns nas mans e un mono axustado por toda roupa. I eu todo roxo sucio e despeinado. Lisquéi dalí fostiado polo incómodo da situación. Con todo xa non tiña reservas pra ir moi lonxe.
Cheguéi a praia das furnas, lugar de Xuño, sobor das seis e atopábame bastante perxudicado, cos cento vinte kilómetros nas costas, e apenas uns pimentos de padrón no bandullo, que xantara na pobra sobre as tres do serán.
Non atopéi a Marga, nin ás súas amigas. Acheguéime a auga e tras varios números pra non dar a nota, conseguín poñer uns ghallumbos máis ou menos decentes. Non é doado quitarse un mono e vestirse un calzón diante de numerosas nais cos fillos cerquiña xogando na auga, pero xaféi. Pese á calor, tras o vivificante baño, colléume enseguida o frío. O pior, e que as duchas non furrulaban, así que, alí fiquéi, ademáis de húmido, bastante máis salgado que antes e con areas por todo o corpo. Non houbo faio. O pouco destinguín os peculiares andares da Marga vindo pola praia. Levoume por unha ourella a ducha do camping e ao pouco fumos cear. Montamos para unha noite, xa que as seguintes, acampamos livre no Castro de Baroña.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home